Friday 03 de May de 2024

Obradoiro de iniciación ao skate este sábado en Cabanas


A actividade terá lugar na pista de baloncesto do Parque do Areal

O Concello de Cabanas organiza este sábado un obradoiro de iniciación ao skate, destinado á mocidade a partir de 12 anos, no que as participantes aprenderán a rodar, xirar, subir e baixar do funbox, ademais de facer algún que outro truco co patín.

A actividade desenvolverase na pista de baloncesto do Parque do Areal, entre as 11 e as 12.30 horas, e será impartida por Vella Escola, entidade promotora de cultura urbana para todos os públicos, sen importar o nível técnico, a idade ou o talento.